-A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo dixo que “este patrimonio da Humanidade atopase nun estado deplorable para un monumento desta importancia”

-Burgo quere coñecer cal é última previsión da Consellería de Cultura, para proceder a limpeza dos paramentos da Muralla de Lugo?, que traballos vai realizar a consellería dentro do programa de mantemento da muralla de Lugo?, e qué accións se van levar a cabo en 2012?

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012. A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo anunciou hoxe que rexistrou unha pregunta no Parlamento para denunciar os incumprimentos de Feijoo sobre a conservación da Muralla de Lugo.

Burgo explica que a Muralla e Patrimonio da Humanidade é responsabilidade absoluta na súa custodia, mantemento e salvagarda da Xunta de Galicia, pero advirte que “dende a chegada do Partido Popular ao Goberno de Galicia non está a cumprir esta obriga para con este monumento único”.

A deputada lucense lembra que dende 2009 a Dirección Xeral de Patrimonio leva prometendo realizar un contrato bianual para o mantemento da Muralla pero que este adxudicouse, por fin, en novembro de 2011. Replica que esto “supuxo que non se realizaran traballos esenciais de mantemento e limpeza, aínda que cada 3 ou 4 meses a Dirección Xeral anunciaba que se comezaría de inmediato”.

Sinala que a ultima “soflama publicitaria” do PP sobre estea asunto, foi o último anuncio de comezo “inmediato” das obras que se realizou en novembro de 2011, pero Burgo lamenta que “como nas outras ocasións, a punto de rematar o mes de xaneiro de 2012 nin sequera hai indicios de que empece a limpeza da Muralla”.

A portavoz de Cultura dixo que “este patrimonio da Humanidade atopase nun estado deplorable para un monumento desta importancia”. Denuncia que a Murralla de Lugo esta “chea de maleza que, ademais do efecto estético provoca problemas graves ao separar as lousas, sen ningún tipo de iluminación, co pavimento do adarve en mal estado, necesitada de traballos de rehabilitación en varios cubos, a Muralla segue esperando que a Dirección Xeral de Patrimonio cumpra algunhas das súa promesas”.

Ademais lembra que o pasado 7 de setembro de 2010 o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, na que se instaba a Xunta de Galicia a: realizar os convenios necesarios ca Universidade de Santiago para realizar novas investigacións en torno aos problemas de mantemento da Muralla e para buscar novos tratamentos contra a maleza que a invade. Burgo advirte que “nada disto se fixo, e este convenio non se realizou”, insistiu.

Por todo esto Burgo quere coñecer cal é última previsión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para proceder a limpeza dos paramentos da Muralla de Lugo?. Que traballos vai realizar a consellería dentro do programa de mantemento da muralla de Lugo?, e qué accións se van levar a cabo en 2012?

E por ultimo quere saber si a Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cree democrático non cumprir as decisións do Parlamento?