-A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo dixo que a supresión do PAC de Fingoi, foi negada pola consellería de Sanidade en 2011 e suporía, unha redución inaceptable dos servizos sanitarios da cidade de Lugo

-Asegura que as únicas medidas do Goberno de Núñez Feijoo con Lugo “son o ninguneo, as improvisacións, a deixadez, os constantes incumprimentos e a incompetencia. Este é en resumo o seu balance cos lunceses”

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que esixe ao Goberno de Feijoo poñer en marcha, no menor tempo posible, un Centro de Atención Continuada nas instalacións do antigo Hospital de Lugo e a manter en funcionamento o PAC de Fingoi para dar un servizo sanitario axeitado á cidadanía de Lugo.

Burgo explica que segundo os medios de comunicación, a conselleira de Sanidade manifestou na reunión que mantivo cos veciños do barrio da Residencia da cidade de Lugo que, a posta en marcha dun PAC nas antigas instalacións do Hospital de Lugo suporía o peche do PAC agora existente en Fingoi.

A deputada lucense dixo que esta supresión do PAC de Fingoi, foi negada pola consellería de Sanidade en 2011 e suporía, de facelo, unha redución inaceptable dos servizos sanitarios da cidade de Lugo

A portavoz de Cultura sinala que a cidade de Lugo, con preto de 100.000 habitantes só conta cun PAC, o que se sitúa en Fingoi na zona sur da cidade, mentres que o prometido no barrio da Residencia daría servizo a toda a zona norte, polo que consideramos evidente que non se pode suprimir un para montar outro.

A parlamentaria denuncia que “é inaceptable que para poñer en marcha un servizo na Residencia, longamente prometido, se pretenda desmantelar un Punto de Atención Continuada que está noutra zona da cidade, e no que no ano 2007 foi ampliado en 200 metros cun investimento de 200.000 €”.

Concepción Burgo quere saber si a Consellería de Sanidade pensa eliminar o PAC de Fingoi de Lugo para trasladalo ás antigas instalacións do Hospital, no barrio da Residencia?.

Asegura que as únicas medidas do Goberno de Núñez Feijoo con Lugo “son o ninguneo, as improvisacións, a deixadez, os constantes incumprimentos e a incompetencia. Isto é en resumo o seu balance para cos lucenses”.