Blanco pide que se vote ao PSOE para acabar cos recortes

O Voceiro do Goberno Municipal, Luis Álvarez, acompañado por varios membros do Grupo Municipal Socialista, participaron esta mañá nun reparto de información co candidato do PSOE ao Parlamento Europeo, José Blanco, polas rúas do casco histórico da cidade de Lugo.

José Blanco fixo un chamamento á participación e á mobilización da cidadanía para as eleccións ao Parlamento Europeo, que se celebrarán o próximo 25 de maio. Tamén pediu o voto para o PSOE co obxectivo de cambiar o rumbo de Europa, para cambiar as políticas, para que haxa unha nova maioría que pare os recortes e que impulse o benestar.

O Partido Socialista nesta campaña realizou numerosos actos como este nos barrios da cidade e tamén mantivo distintos encontros na zona rural, para facerlle chegar á cidadanía lucense as súas propostas para Europa.