O PSdeG-PSOE de Lugo e a candidatura socialista á Alcaldía do Concello, que lidera José López Orozco, lamentan o accidente de avión acontecido en Sevilla hoxe e transmiten as súas condolencias ás familias e ás amizades das persoas falecidas.

Por este motivo, suspéndense os actos enmarcados na campaña electoral municipal que se ían celebrar hoxe. Así, quedan cancelados os dous encontros con veciños previstos ás 18:30 en As Regas e ás 21:30 en Conturiz.

Mañá a axenda retómase con normalidade, tal e como estaba planificada.