A plataforma de baño pública no Miño está deseñada para garantir a seguridade dos e das bañistas e mellorar a accesibilidade ao río

A Administración local argumenta nas alegacións que fará chegar á CHMS que todos os datos técnicos sobre protección ambiental e condicións do curso fluvial avalan a súa instalación. O sistema modular inclúe a creación de catro piscinas de diferentes profundidades para uso infantil e adulto. O Concello de Lugo apela á Xunta a reconsiderar a súa negativa ante a elevada demanda social que ten esta infraestrutura...

Lara Méndez esixe á Xunta que de resposta á zona de baño pública e o arranxo do caneiro, dous proxectos moi demandados pola cidadanía

A rexedora lamentou que o executivo autonómico esté a utlizar unha institución pública para facer uso partidista e privar á cidade de Lugo destas infraestruturas. “A Xunta non ten interese en que obras cun importe superior a 600.000 euros se realicen, sendo os únicos prexudicados os veciños e veciñas da cidade” subliñou. A paralización das obras do caneiro está afectando á profundidade...

Lara Méndez inicia o procedemento para o derribo do Garañón de maneira subsidiaria se o promotor non o executa en dous meses

A Alcaldesa de Lugo avanza no seu compromiso de crear un novo pulmón verde que lle dea continuidade ao Parque de Rosalía de Castro e ao Miño, ampliando o cinto natural da cidade. A Xunta de Goberno aprobará mañá o inicio da licitación da demolición, que se executará nun prazo de 8 meses tras a entrega do proxecto, cun orzamento de...

Os informes municipais avalan con datos oficiais que o caudal mínimo do río en xullo permitiría a instalación da zona de baño pública

O Concello de Lugo refuta con medicións as obxeccións alegadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Os valores da Estación foronómica do Miño descartancrecidas ou secas extraordinarias e a xustificación técnica do proxecto afianza que nin 760 persoas de 80 kg cada unha, xuntas sobre o pantalán, farían que a plataforma tocase o leito. Miguel Fernández cuestiona cara onde suxire a Xunta trasladar a...

O Concello achega á CHMS unha proposta que evita ancorar a Plataforma de Baño ao leito do río para acadar así o beneplácito da Xunta

A alternativa pasaría por amarrar os mortos de formigón na beira do Miño, tal e como se instalan estas estruturas en augas encoradas, ocasionando un menor impacto ambiental. A área de Medio Ambiente acompañou a solicitude de modificación non substancial das piscinas flotantes da documentación oportuna para propiciar a avaliación inmediata da medida e a conseguinte apertura das instalacións. Miguel Fernández reitera a...