Áreas Verdes e de Lecer

O proxecto da Segunda Transformación de Lugo ofrece unha contorna de espazos confortables no seu día a día, tanto para os máis pequenos como os maiores, con novos espazos interxeracionais. 

 

ACTUACIÓNS 2019-2023

Praza da Bretaña

Dotamos dun novo Parque Infantil

A Milagrosa

Renovación do Parque Infantil

Aquilino Iglesia Alvariño

Renovación do Parque Infantil

Augas Férreas

Renovación do Parque Infantil, ampliación, cubrición e peche para que nos escapen os balóns.

Aviador Parga Cerezo

Renovación do Parque Infantil.

Montirón

Renovación do Parque Infantil da Praza San Xoán.

Novo Freire

Renovación do Parque Infantil

Paseo do Miño

Renovación dos dous Parques Infantís

Río Mandeo

Renovación do Parque Infantil

Roi Xordo

Renovación do Parque Infanitl

Rosalía de Castro

Renovación do Parque Infantil e de todo o Parque polo centenario.

San Roque

Renovación do Parque Infantil e xardíns.

Campo Castelo

Adxudicada a remodelación. 343.000€

Avda. das Américas

Remodelación do Parque Infantil.

Praza do Castiñeiro

Adxudicada a remodelación. 365.000€

Parque Sagrado Corazón

Transformaremos o parque do Sagrado Corazón nun gran espazo natural de multiaventura. A intervención favorecerá a creación dun recinto que será único en toda a capital polo seu equipamento e no que se integrarán áreas de descanso, xogos infantís e actividades para todas as idades cunha pista de patinaxe e outra multideporte.

Novo Espazo Paradai

Creamos un novo espazo de lecer para o ocio e a convivencia interxeracional pensando na veciñanza de todas as idades

Praza Roxa de Fingoi

Transformaremos a Praza Roxa nun novo pulmón verde de Lugo. A intervención favorecerá a creación dun espazo libre de 6.000 m², que conxugará espazos axardinados, accesibles, con todos os usos e servizos que ofrece na actualidade. Pasaremos dun modelo de espazo de formigón e cemento a estancias naturalizadas con áreas verdes, o 70% de toda a zona, e xogos de auga.

Praza da Liberdade

Completa intervención na praza da Liberdade situada entre San Roque e Ramón Ferreiro que contemplou un graffiti deseñado polos artistas de Concepto Circo, que homenaxea ás persoas maiores, o colectivo máis golpeado durante a pandemia.

Praza Eixo Atlántico

Nova praza-xardín na confluencia entre as rúas Manuel María e Túnel de Oural, na Piringalla.

Parque Sagrado Corazón

Transformaremos o parque do Sagrado Corazón nun gran espazo natural de multiaventura. A intervención favorecerá a creación dun recinto que será único en toda a capital polo seu equipamento e no que se integrarán áreas de descanso, xogos infantís e actividades para todas as idades cunha pista de patinaxe e outra multideporte.

Parque da Lembranza

Novo Parque público na honra das vítimas e profesionais que loitaron durante a pandemia. O espazo, situado no barrio do Carme, ofrece case 770 m2 de zona verde integrados por especies autóctonas.

Skate Park

Ampliamos as instalacións deportivas coa apertura dun skatepark que permite a práctica dos deportes urbanos de acción máis demandados, especialmente pola xente máis nova.

Campo Fútbol Castiñeiro

Nova instalacións ao aire libre e de uso público e gratuíto, dispón de céspede artificial e peche perimetral. Con esta actuación lle damos resposta a unha demanda que fixeron os mesmos nenos e nenas que viven e xogan no barrio.