Así o vén de recoñecer o propio Goberno Central, a través da resposta á pregunta formulada no Congreso pola deputada socialista

Dado que máis de 300 lucenses se viron obrigados a saír de España durante eses anos, Herraiz reclama ao Executivo de Rajoy medidas concretas para frear este “exilio económico, que expulsa do país á mellor xeración de traballadores e profesionais”

Diante estes datos, lamenta que, “coa xestión da política laboral do Partido Popular, a provincia recuperase a maleta da emigración”; unha realidade que non mellorará este ano nin o vindeiro, pois o Goberno Central recortou nos Orzamentos de 2015 as prestacións por desemprego na provincia un 15%

Máis de 300 lucenses se viron obrigados a emigrar ao extranxeiro durante os anos 2012 e 2013. Así o vén de recoñecer o propio Goberno, a través da resposta á pregunta formulada no Congreso pola deputada Margarita Pérez Herraiz, e na que a socialista esixía ao Executivo que precisase os datos de emigración españois, desglosados por comunidades autónomas e provincias.

Deste xeito, tal e como se pode comprobar na información facilitada, a porcentaxe de emigrantes de Lugo aumentou de forma considerable, concretamente un 26% en 2013, respecto aos datos de 2012. Exactamente, pasouse de 261 en 2012 a 328 no pasado exercicio. Deste xeito, Lugo é a provincia galega na que máis aumentou “esta fuxida”, pois, segundo as mesmas fontes, en A Coruña esta incrementouse un 22%, en Ourense un 21,5% e en Pontevedra un 24%.

“A maleta da emigración”
Por este motivo, a deputada socialista reclama ao Executivo de Rajoy medidas concretas para frear “o exilio económico, xa que expulsa de España á mellor xeración de traballadores e profesionais, obrigándoos a buscarse un futuro fóra do país”. Recupérase así, engade, “a maleta da emigración”. E todo elo, sinala, porque o Goberno non deixa de recortar estas prestacións. Concretamente, en 2014 o orzamento para desemprego baixou na provincia un 17,4% e no número de perceptores un 12,2%. “É dicir, que cada vez hai menos lucenses que reciben estas axudas e con menos cantidade”; situación que, segundo aclara Herraiz, non mellorará en 2015, pois a partida destinada a estas prestacións baixa un 15%, unha porcentaxe “esaxerada”, xa que a previsión de diminución de paro que manexa o Executivo estatal para o vindeiro ano en Lugo tan só é do 7,9%.

Os mozos, os máis castigados
Neste senso, a socialista denuncia que a xestión da política laboral levada a cabo polo Goberno do Partido Popular “se cebou” especialmente cos mozos, aos que “condenou” ao paro, a contratos precarios e á emigración.

A este respecto, afirma que “convidou a demasiados xoves a irse lonxa da súa terra, que tiveron que facelo polo engano duns dirixentes que aseguraron que ían crear tres millóns de empregos”. “As políticas da dereita só traen máis desemprego, máis paro e máis recesión. O Goberno non entende nin comprende que o país non pode ter un futuro se non garante un presente para os mozos cun mínimo de dignidade e non con tanta mentira, tixeira e recorte”, conclúe.