Así o puido coñecer a deputada nunha resposta emitida á pregunta formulada polo Grupo do PSOE, e na que se revela que o número de familias beneficiadas por esta axuda pasou de 45.292 nese ano a 40.532 a finais de 2013
Por este motivo, denuncia que o PP votase en contra da Proposición de Lei presentada polos socialistas no Congreso para esixir ao Goberno Central que garanta unha tarifa social de luz, gas, butano e propano como un dereito social básico para os consumidores máis vulnerables
Diante a gravidade da situción, que demostra que o PP devalúa a calidade de vida dos lucenses cos seus recortes, os socialistas esixen un gran pacto contra a probreza enerxética e anuncian que presentarán mocións en todos os concellos para frear este drama, que ten consecuencias demoladoras para os cidadáns de Lugo
A deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz- denuncia que o Partido Popular votase en contra da Proposición de Lei presentada polos socialistas para esixir ao Goberno Central que garanta unha tarifa social de luz, gas, butano e propano como un dereito social básico para os consumidores máis vulnerables, sobre todo, cando, a través dos datos facilitados en resposta a unha pregunta plantexada polo Grupo do PSOE, se revela que, dende 2011, o Executivo de Rajoy retirou o bono social eléctrico a 4.760 lucenses.
Deste xeito, considera que o PP é o único responsable de que en moitos fogares da provincia se pase frío este inverno, ao tempo que lamenta a falla de ética amosada, pois todos puidemos saber que 37.016 galegos xa non dispoñen desta axuda dende hai tres anos. E, no caso da provincia, o número de familias beneficiadas por este bono pasou de 45.292 en 2011 a 40.532 a finais de 2013.
Para a socialista, trátase dunha situación intolerable, que repercute negativamente nunha provincia como a nosa que, ademais, ten as pensións máis baixas de España. E son, precisamente, os pensionistas os que están sostendo as economías de moitas familias en Lugo. Pero semella que isto ao Sr. Rajoy non lle importa, senón que aínda o agrava máis, subíndolles a luz un 11%, deixándoos así abandonados á súa sorte, subliña.
O PP devalúa a calidade de vida dos lucenses
En Galicia, o gasto anual en electricidade, gas e outros combustibles é de 1.361.186 euros, cunha media anual do gasto de 1.282 euros. Neste contexto, e segundo datos publicados polo Institituto Nacional de Estatística (INE), un 7% de familias galegas non poden manter os seus fogares cunha temperatura axeitada, de tal xeito que Galicia está por riba da media española de vivendas que sufren este drama.
Diante a gravidade da situación, que demostra que o PP devalúa a calidade de vida dos lucenses cos seus recortes, os socialistas da provincia presentarán mocións en todos os concellos para frear a pobreza enerxética. A diferenza está en que nós aportamos propostas socialmente xustas e economicamente viables para recuperar a dignidade perdida. É preciso un gran pacto neste eido, que permita acotar esta lacra, e que ten consecuencias demoladoras para os cidadáns de Lugo, conclúe Pérez Herraiz.