O senador e a deputada no Congreso veñen de rexistrar varias iniciativas, coas que reclaman ao Executivo que Renfedea marcha atrás, pois a calidade é a que determina a demanda. Se reducimos a primeira, tamén reducimos a segunda. Conclusión: o servizo desaparece
Para os socialistas, a eliminación das conexións a Madrid e a Barcelona demostra o abandono que vén practicando o Goberno dende que o PP está á fronte. Resulta dramático como nos están a tratar aos lucenses. É inaceptable e inasumible. Non só somos a única provincia sen AVE, senón que, por riba, nos quitan as conexións que temos
A deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz-, e o senador por Lugo Ricardo Varela-, a través das iniciativas que veñen de rexistrar esta mesma mañá, pedirán ao Goberno Central queRenfe repoña os trens nocturnos a Madrid e Barcelona. Con esta medida, os socialistas reaccionan con rapidez ante o anuncio da empresa ferroviaria, reclamando que a entidade pública dea marcha atrás, xa que estamos diante dun novo recorte dun servizo público necesario para a nosa provincia.
A este respecto, critican decididamente que, para levar a cabo a eliminación desta prestación, non teñan en conta que, precisamente, se trata dun servizo moi demandado por un tipo de pasaxeiros determinados, como poden ser os peregrinos. Os usuarios destas conexións son diferentes e con diferentes necesidades que os trens diurnos. É por tanto, un novo hachazoás conexións ferroviarias que, na provincia de Lugo, son xa moi escasas e de características moi deficientes, subliñaHerraiz.
Na mesma liña, Ricardo Varela, destaca que a calidade é a que determina a demanda. Por iso, denuncia que se se reduce a primeira, tamén se reduce a segunda e, como conclusión, o servizo desaparece.
O abandono do PP
Por todo elo, para os socialistas, a decisión de Renfedemostra, unha vez máis, o abandono que vén practicando o Goberno Central dende que o PP está á fronte. Resulta dramático como está a tratar o Goberno a Lugo. Primeiro, Fomento suspende o contrato da Intermodal e, agora, tamén se mete cun servizo que funcionaba correctamente. É inaceptable e inasumible.Non só somos a única provincia sen AVE, senón que, por riba, nos quitan as conexións que temos, apunta o senador.
Neste senso, a deputada no Congreso ratifica as palabras de Varela, engadindo queo PP ten o costume de castigar a Lugo. Primeiro, dinnos que as obras da Alta Capacidade se van facer cando se poida, pero aos socialistas isto non nos serve, porque as obras hai que facelas cando hai que facelas.E, agora, prívannos dun servizo máis. Realmente o Partido Popular estase a burlar de todos os lucenses, conclúe a socialista.