É un obxectivo que temos como goberno, e no que levamos traballando moitos anos, seguiremos insistindo para que sexa unha realidade e así poder atender unha demanda social da nosa cidade. Non se entende que Concellos limítrofes, incluídos os bañados polo mesmo río, si poidan gozar destes espazos e pola contra o Concello de Lugo sempre cunha negativa da Xunta de Galicia.
Cando falamos de ter altura de miras e de atender e priorizar as necesidades dos veciños, falamos de que non pode ser que fagamos un uso partidista das institucións, que fagamos política para sacar un rédito sen pensar e sen ter en conta para quen gobernamos. Non se entende que a Xunta de Galicia, a outras administracións lles permita trasladar colonias de mexillóns e a nos nos non. Pola nosa banda, poñemos alternativas enriba da mesa, como pode ser desprazar a plataforma unhos metros e seguiremos a buscar opcións para poder disfrutar este ano de Praia Fluvial.
Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo.