Miguel Fernández defendeu esta proposición na os socialistas solicitan ao Ministerio que achegue unha partida orzamentaria para garantir a seguridade da veciñanza neste acceso

A Corporación lucense aprobou este xoves por unanimidade no Pleno ordinario a proposición do Grupo Municipal do PSdeG que demanda ao Ministerio de Fomento que de modo urxente arranxe os problemas de seguridade viaria da veciñanza e usuarios dos viais de acceso á Rolda Norte, habilitante un sendeiro practicable para os peóns na marxe dereita do vial de acceso a dita Rolda, situado na zona das Gándaras.

“Os socialistas reivindican unha adecuación da zona para que os veciños e veciñas usen con seguridade esta vía de comunicación”, subliñou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen defendeu a proposición e lembrou neste senso que se fixeron eco das sentidas demandas da veciñanza da zona norte da cidade, que emprega a miúdo esta vía para ir andando ata os campos municipais de fútbol, a residencia de maiores, ou os diversos locais de hostalería.