As socialistas denuncian que o foco principal da violencia de xénero é a desigualdade das mulleres e a dominación dos homes, algo que coas medidas e políticas que se adoptaron nos últimos anos co Goberno de Rajoy, fan que as mulleres estean sometidas a unha posición maior de subordinación con menos empregos e salarios máis baixos

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, explicou que dende o Concello de Lugo se están a levar a cabo medidas moi interesantes como a de favorecer a contratación de mulleres por empresas que se creen na zona Urban

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a Deputada autonómica, Concepción Burgo, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Deputada provincial, Pilar García Porto, mantiveron esta tarde un encontro co mulleres para analizar o papel do sector feminino na política.

Nesta xuntanza as políticas socialistas fixeron un chamamento a votar nas eleccións europeas de maneira responsable e en contra dunha dereita que no seu programa electoral non inclúe a palabra “muller” nin unha sola vez, como lembrou no debate televisado a candidata do PSOE Elena Valenciano. Por iso, o 25M preséntase como unha oportunidade para cambiar o rumbo de Europa e para que se eliminen as desigualdades por cuestión de xénero, “co voto xogámonos os nosos dereitos e liberdades”. O compromiso dos socialistas coas mulleres en Europa plásmanse en propostas concretas: unha directiva de igualdade salarial entre homes e mulleres, unha directiva para combater a violencia de xénero desde Europa e as garantías de defender os dereitos sobre a saúde sexual e reprodutiva das mulleres.

Concepción Burgo alertou que as mulleres son un dos colectivos máis afectados polas políticas de recortes de servizos e de dereitos do PP. “Somos as mulleres as que en gran parte estamos pagando a crise. Coas políticas da dereita están aumentando a desigualdade en todos os aspectos da vida, tamén no mercado laboral”. Neste senso, a deputada autonómica explicou que as mulleres teñen unha menor taxa de actividade e de ocupación e unha maior taxa de paro. “Tamén se intensificou a destrución de emprego feminino a tempo completo por emprego parcial, no primeiro trimestre deste ano, uns dous millóns de mulleres traballan a tempo parcial mentres que son 730.000 homes nesta modalidade”, indicou.

A brecha salarial é dun 23% en España, as mulleres teñen que traballar 84 días máis ao ano para percibir o mesmo salario que un home, e a becha amplíase tamén nas prestacións sociais como a xubilación. Segundo explicou Burgo, “esta brecha tamén aumenta en Galicia onde os socialistas aprobaran a Lei do traballo en igualdade das mulleres pero o Goberno de Feijoo paralizou o seu desenvolvemento”.

Ante esta situación o PSOE plantexará en Europa medidas concretas contra as desigualdades que se producen no ámbito laboral propoñendo que se fixe un salario mínimo europeo, unha prestación mínima por desemprego e unha renda mínima para combater a pobreza.

Neste senso, a Concelleira socialista do Concello de Lugo, Sonia Méndez, explicou que “non cabe dúbida de que un dos principais problemas das mulleres nestes tempos é o emprego, o acceso a un posto de traballo. Por iso, desde o Concello levamos a cabo programas de formación nos que teñen preferencia as mulleres. Unha medida moi interesante foi a de favorecer a contratación de mulleres por empresas que se creen na zona Urban”. E engadiu que “é necesaria máis presencia de mulleres nos ámbitos de dirección política e empresarial. Non só porque representamos á metade da poboación senón porque está demostrado a eficacia e os esforzo á hora de traballar”.

Recortes na igualdade
As socialistas denuncian que o Goberno de Feijoo rematou pola vía dos recortes coas políticas de igualdade. Do 2009 ao 2014 as partidas dedicadas á Secretaría de Igualdade, reduciuse preto dun 79%, pasando de 60 millóns de euros a 12,3. O máis chamativo é o descenso do programa de accións para a igualdade, protección e promoción da muller que pasou de 33´5 millóns a 6´2 no mesmo período.

A Xunta de Galicia tamén suprimiu ou debilitou as estruturas de apoio para a conciliación da vida familiar e laboral ao privatizar as escolas infantís e a suba dos prezos das prazas, así o prezo dos comedores escolares. O Goberno de Feijoo pon así máis trabas á conciliación familiar e laboral, algo que incide fundamentalmente nas mulleres.

Como explicou Sonia Méndez: “As políticas de igualdade deben implantarse en todos os ámbitos da administración. En concreto, no Concello de Lugo, aplicamos medidas de igualdade de xeito transversal en todas as áreas de goberno a través do Plan de igualdade. Fomos pioneiros cando aprobamos o primeiro Plan, que non se constriñe ao departamento de Igualdade do Concello senón que abrangue medidas para todos os servizos municipais”.

Peor posición fronte a violencia de xénero
Sobre a lacra da violencia contra as mulleres, o PP quere facer como que no existe, ao votar esta mesma semana no Congreso en contra da proposta socialista de crear unha subcomisión contra la violencia de xénero. O PSOE está claramente comprometido na loita contra estre problema, un problema de “Estado” no que fai falla un gran acordo político e social contra a violencia machista e pola seguridade das mulleres.

A Vicepresidenta segunda da Deputación lembrou que “o foco principal da violencia de xénero é a desigualdade das mulleres e a dominación dos homes, algo que coas medidas e políticas que se adoptaron nos últimos anos co Goberno de Rajoy, fan que as mulleres estean sometidas a unha posición maior de subordinación con menos empregos e salarios máis baixos”. A mensaxe que se está a enviar coa reforma do a aborto tamén está a empeorar esa situación ao dicir que “nós non podemos decidir, son outros os que teñen que decidir por nós”, prexudicando enormemente a posición das mulleres fronte a violencia de xénero.

Definitivamente, a loita contra a violencia de xénero ten que ver coa loita pola igualdade das mulleres e todas as políticas teñen que encamiñarse a reforzar a súa posición na sociedade e ser así menos vulnerables.

Condena ao aborto na clandestinidade
As socialistas tamén denunciaron que o PP ten a obriga de explicar o seu verdadeiro programa electoral, xa que vai facer unha reforma da lei do aborto machista que vai por en perigo a vida de moitas mulleres. De feito, os expertos consideran que unhas 20.000 abortarán de maneira insegura de aprobarse a Lei. O PP debería dicir as mulleres europeas que condena ás que viven nunha situación máis desfavorecida a un aborto clandestino poñendo en risco a súa vida e saúde. É unha lei contra os dereitos humanos e a vida das mulleres, segundo explicaron as representantes socialistas, “non queremos iso para as mulleres en España nin en Europa”.

E é que, fronte á Lei de prazos de 2010, onde as mulleres dispoñían de 14 semanas dende a xestación para decidir se querían seguir adiante co embarazo, agora o Partido Popular elimina o dereito da muller a decidir se quere interromper a xestación. Endurece o proceso administrativo para abortar nun claro intento para demorar a decisión, e así quedar fóra do prazo legal. O suposto de aborto por violación poderá executarse só nas doce primeiras semanas e previa denuncia da agresión, deixando á marxe a condición de vítima da muller violada, e esixíndolle unha celeridade inusual esquecendo as connotacións sociais da afectada.

No outro suposto contemplado para abortar, para probar que hai un risco psíquico ou físico para a nai, deberá acreditarse un informe médico de dous facultativos diferentes aos que vaia practicar o aborto, e que nin se quera traballen no mesmo centro onde se practique. Asemade, unha vez avaliado e permitido, o traballador social entregará un informe á muller obrigándoa a un período de reflexión de sete días. Este proceso administrativo supón “claramente” outra traba que dificulta a posibilidade de estar dentro do prazo legal.