Hoxe é un día histórico para Lugo. Vimos de aprobar o 5% restante do PXOM tras anos de traballo neste documento, que agora só está pendente da última palabra por parte da Xunta de Galicia, coa que estivemos traballando man a man.

Cumpro así un compromiso que adquirín coa cidadanía, especialmente coa veciñanza da zona rural xa que gracias a este paso aportamos garantías e certezas ás parroquias afectadas e ás empresas xa instaladas, permitindo asentar poboación e que as industrias poidan expandirse. Pero tamén facilitará que se instalen novas empresas e que se creen postos de traballo, tan necesarios para reter e atraer talento.

Ademais, este paso é necesario para poder afrontar agora una modificación do actual PXOM, co fin de adaptalo a nova realidade e crecemento da cidade.

https://www.facebook.com/laramendezlopez/videos/325212969811829

Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo.