As propostas do programa electoral socialista recollen a elaboración dun sistema de garantía de Ingreso Mínimo Vital, así como un marco de prezos e taxas xudiciais xustos, entre outros
O programa electoral do PSOE para as vindeiras eleccións do 20 de decembro recolle diferentes propostas para restablecer a cohesión social, a solidariedade e a igualdade de oportunidades conseguidas nos 21 anos de Gobernos Socialistas e que o PP destruíu nos últimos 4 anos.
Entre as propostas do programa socialista figura a elaboración, mediante unha lei, dun sistema de garantía de Ingreso Mínimo Vital de caracter non contributivo. Este sistema ofrecerá recursos mínimos a familias en situación de vulnerabilidade. Neste senso, o Partido Socialista creará unha prestación dirixida aos fogares sen ingresos ou en situación de necesidade, incrementará a cobertura da prestación por fillo a cargo e aumentará a cuantía, de forma escalonada, en función das rendas familiares.
Nesta materia, o PSOE tamén modificará a regulación do subsidio por desemprego para dar cobertura a todas aquelas persoas en situación de desemprego que teñan responsabilidades familiares –cunha duración máxima de 24 meses-, e establecerá unha garantía pública de acceso universal ao suministro vital básico, así como un marco de prezos e taxas xudiciais xustos.
Tamén blindará por lei as salvagardas que impidan a mercantilización dos dereitos concesionais, impulsando un Pacto Social pola auga que asente os principios reitores desta política: Tutela pública, transparencia, sustentabilidade e participación cidadá.