
O senador por Lugo e a deputada no Congreso manifestaron publicamente o rexeitamento do Partido Socialista á modificación que pretende implantar o Goberno Central, xa que é unha mostra máis do desprezo á muller. Considéraas menores de idade e, polo tanto, nega a súa autonomía e a súa capacidade de decisión
Anuncian que o PSOE vai seguir loitando para foder frear a súa presentación no Congreso e esixen unha renuncia indefinida e definitiva á violencia do Executivo contra as mulleres, pois coa Lei actual, que tivo un alto consenso, os abortos diminuíron un 5%
Apuntan que unha posible marcha atrás na tramitación da mesma sería unha decisión oportunista e froito dun cálculo electoral. En ningún caso, formaría parte da reflexión, nin tan sequera dunha rectificación ideolóxica mínima
O senador por Lugo Ricardo Varela- e a deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz- manifestaron publicamente este venres o rexeitamento do Partido Socialista á contrarreforma da Lei do Aborto que pretende implantar o Executivo Central, pois, segundo destacou Varela, confirma que o Partido Popular de Rajoy é o Goberno máis á dereita dende o fin da ditadura. É o Goberno máis á dereita da democracia, no económico, no social, no laboral, nos dereitos civís dos cidadáns e tamén en materia de igualdade. É unha mostra máis do desprezo á muller. Considéraas que son menores de idade e, polo tanto, nega a súa autonomía e a súa capacidade de decisión.
Neste senso, o senador apuntou que unha posible marcha atrás na tramitación da mesma sería unha decisión oportunista e xurdiría froito dun cálculo electoral. En ningún caso, apuntou, formaría parte da reflexión, nin tan sequera dunha rectificación ideolóxica mínima. É por este motivo polo que dende o Partido Socialista non se fían e anuncian que o PSOE vai seguir loitando para foder frear a súa presentación no Congreso. Deste xeito, esixiron unha renuncia indefinida e definitiva á violencia do Goberno contra as mulleres.
Ameaza do PP
E é que dende que o PP chegou á presidencia da administración central, defendeu a deputada no Congreso, ameaza con esta contrarreforma por presión da Igrexa e dos grupos máis radicais de ideoloxía conservadora, que buscan impoñer as súas crenzas ao conxunto da cidadanía e que mesturan e confunden relixión e lexislación.
Por iso queremos facer un novo esforzo para intentar parar este proxecto, pois a actual Lei tivo un alto consenso e con ela diminuíron os abortos un 5%, especialmente nos treitos de idade máis novos, e isto débese a que incide especialmente na prevención con educación sexual e reprodutiva. Esta contrarreforma pon en perigo, ademais, a vida das mulleres con menos recursos, que intentarán abortos de alto risco por non poder ir a outros países; unha cuestión máis que incide na desigualdade social que está a promover o Goberno do PP, indicou Pérez Herraiz.
Asimesmo, a socialista fixo especial fincapé noutra cuestión que os partidarios da contrarreforma utilizan fundamentalmente, e que é un argumento falso. Concretamente, este sector di que as mulleres de 16 e 17 anos coa Lei actual poden someterse a abortos co descoñecemento de pai e nai. Isto é falso, o artigo 13.4 esixe que se informe a pais, nai ou titor legal coa única excepción de casos, debidamente xustificados de violencia familiar, situación de desarraigo ou desamparo, precisou.