O senador lucense afirma “non entender como o voceiro do PP non é sabedor da decisión de Fomento, cando se trata da infraestrutura máis importante da cidade para o próximo medio século”

Para o socialista, esta circunstancia demostra claramente que “o Sr. Castiñeira está a ser ninguneado polos seus compañeiros de partido, e que non ten ningún peso político nin na provincia, nin en Santiago nin en Madrid”

Tendo en conta que a anulación do contrato da Intermodal resposta a unha decisión unilateral do Executivo estatal, o senador lucense quere saber “se o voceiro do PP no Senado, o Sr. Barreiro, tamén descoñecía esta decisión e incluso o Presidente da Xunta, parte asinante do acordo, porque están tardando demasiado tempo en pronunciarse”

O senador por Lugo –Ricardo Varela- afirma este venres, logo das declaracións realizadas polo voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo –Jaime Castiñeira-, nas que afirma descoñecer a decisión do Ministerio de Fomento de paralizar o proxecto da Intermodal, que “non son capaz de entender como o representante do PP lucense non é sabedor de tal decisión, cando se trata da infraestrutura máis importante da cidade para o próximo medio século”. Para o socialista, esta circunstancia demostra claramente que “o Sr. Castiñeira está a ser ninguneado polos seus compañeiros de partido, e que non ten ningún peso político nin na provincia, nin en Santiago nin en Madrid”.

Neste senso, e “dado que aínda está a tempo para facelo”, Varela esíxelle ao voceiro do Partido Popular que lle pida á Ministra de Fomento que recupere o proxecto, con carácter urxente, para que Lugo non desapareza do mapa da Alta Velocidade e, se non é capaz de facelo, indica o socialista, “o que ten que facer o Sr. Castiñeira é presentar a súa dimisión ante os cidadáns e irse para a súa casa”.

Tendo en conta que a anulación do contrato da Intermodal resposta a unha decisión unilateral do Executivo estatal, o senador lucense quere saber “se o voceiro do PP no Senado, o Sr. Barreiro, tamén descoñecía esta decisión e incluso o Presidente da Xunta, parte asinante do acordo, porque están tardando demasiado tempo en pronunciarse”.