O senador lucense vén de rexistrar unha iniciativa na Cámara Alta, a través da que interpelará á titular do departamento estatal sobre as previsións do Goberno tanto dende o punto de vista presupostario, como de redacción de proxectos e execución de obra, para dar cumprimento ao anuncio realizado durante a visita que fixo recentemente a Galicia

“Facémolo porque os últimos pasos dados polos Gobernos do Partido Popular van no senso radicalmente contrario ao anuncio da Sr. Pastor”. Refírese Varela á suspensión do contrato da Intermodal en 2012, á paralización das obras da variante de Pobra de San Xillao, ao “nulo” investimento que contemplan os Orzamentos de 2015 para tal fin e á votación en contra do Grupo Parlamentario do PP para que a Xunta asumise a construción da Intermodal de Lugo

O senador por Lugo –Ricardo Varela- vén de rexistrar unha iniciativa na Cámara Alta, a través da que preguntará á Ministra de Fomento cales son as previsións do Goberno tanto dende o punto de vista presupostario, como de redacción de proxectos e execución de obra, para dar cumprimento ao anuncio realizado nunha recente viaxe a Galicia de que o AVE chegará a esta Comunidade en 2018.

Deste xeito, o socialista, dando por suposto que dito compromiso tamén fai referencia, “como non podía ser doutro xeito”, á provincia de Lugo, interpelará á titular do departamento estatal. “E facémolo porque os últimos pasos dados polos Gobernos do Partido Popular van no senso radicalmente contrario ao anuncio da ministra”. Refírese o senador á suspensión do contrato da Intermodal en 2012, á paralización das obras da variante de Pobra de San Xillao, ao “nulo” investimento que contemplan os Orzamentos de 2015 para tal fin e á votación en contra do Grupo Parlamentario do PP para que a Xunta asumise a construción da nova estación luguesa.

“Con tales feitos, quero manifestar a miña sorpresa e estupefacción polo anuncio da Sra. Pastor e quero pensar que neste compromiso non deixa fóra a Lugo. Por isto, esiximos que se nos diga como vai facer o Ministerio para que a Comunidade teña Alta Velocidade en catro anos”, afirma.

Neste senso, “e por respeto a todos os galegos e aos lucenses, en particular”, pedímoslle ao Goberno que non continúe enganando a esta provincia como o fixo noutras ocasións, pois a pesares de dicirnos que o proxecto seguía para adiante, foi cunha figura especial que hai nas Cortes para pedir información como puidemos comprobar que o contrato estaba resolto. Máis tarde, a ministra dixo que se ía reformar a actual estación e, agora, vemos que, no proxecto de presupostos, non está nin a Intermodal nin tampouco a mellara desta”.

“Que non faga como fixo o presidente da Xunta”
A este respecto, Ricardo Varela tamén agarda que o Executivo de Rajoy “non faga como fixo o presidente da Xunta, quen prometeu a Intermodal en 2009 e, este mesmo mes, os seus compañeiros no Parlamento de Galicia, opuxéronse a que non o fixera”. Por este motivo, esíxelle ao Goberno do Estado “que o que pon no papel e o que compromete nas visitas a Galicia, o cumpra con feitos. Os socialistas non podemos obviar que antes de producirse o cambio de Goberno, un ministro, que tamén é de Lugo, deixara adxudicado o proxecto por valor de 630.000 euros, e que o proceso de redacción, que tiña un prazo de 27 meses, debería estar rematado o 8 de setembro de 2013”, conclúe.