O Senador Lucense rexistrou esta pregunta na Cámara Alta, para saber se o despregue de recursos que se poden ver nos accesos á estación de tren de Lugo, significa que estamos ante a primeira fase da construción da comprometida obra

Esta iniciativa súmase a todas as emprendidas polo Partido Socialista e encamiñadas a intentar que o Goberno central retome, no menor tempo posible, o acordo subscrito no 2010 por José Blanco, cando dirixía a carteira de fomento e deixara o proxecto da Intermodal totalmente encamiñado

O senador lucense –Ricardo Varela- ven de rexistrar unha iniciativa na Cámara Alta, a través da que preguntará, con certa ironía, ao Goberno central se o despregue de recursos que se poden ver nos accesos á estación de tren de Lugo, significa que estamos ante a primeira fase da construción da comprometida Intermodal.

Segundo explica sarcasticamente o senador socialista, “nos últimos días viuse como se estaba a producir un impresionante acopio de maquinaria e material de construción: media ducia de botes de pintura branca e vermella, cos que se lle deu unha man ao galpón máis achegado e visible ás rúas de acceso á estación. Tamén poden verse unha ducia de bloques de formigón e un chimpín en moi bo estado”.

Varela solicitará unha resposta ao Goberno de Rajoy, e en concreto ao Ministerio de Fomento, para que aclare se esta actuación responde a “unha tomadura máis de pelo aos veciños da provincia”. “Deben aclarar se simplemente se está a facer un lavado de cara á estación actual con fins electoralistas e continuar enmascarando a realidade de que a intención do PP é deixar á provincia de Lugo sen AVE”.

Esta iniciativa súmase a todas as emprendidas polo Partido Socialista e encamiñadas a intentar que o Goberno central retome, no menor tempo posible, o acordo subscrito no 2010 por José Blanco, cando dirixía a carteira de Fomento e deixara o proxecto da Intermodal totalmente encamiñado. Neste senso, dende que o senador lucense descubriu o engano deliberado do Executivo estatal polo que Fomento eliminou o contrato do proxecto hai dous anos e paralizou a execución da variante da Pobra de San Xillao, o PSOE promoveu unha intensa campaña institucional coa que sumaron un bo número de apoios para evitar que o Ministerio marxinase á provincia na chegada do tren de Alta velocidade.

Texto da pregunta presentada
“En la estación de ferrocarril de la ciudad de Lugo, capital de la provincia del mismo nombre, hemos visto como en los últimos días se producía un impresionante acopio de maquinaria y material de construcción. Media docena de botes de pintura blanca y roja con los que se le ha dado una mano al galpón más cercano y visible a las calles de acceso a la estación, no menos de una docena de bloques de hormigón, y un chimpin en buen estado.

¿Significa este despliegue de recursos, que estamos ante la primera fase de la construcción de la comprometida Estación Intermodal de Lugo?”