O senador lucense cualifica de ridícula a desculpa e excusa posta por José Manuel Barreiro para xustificar a suspensión do contrato por parte do Ministerio, e na que o senador do Partido Popular indicaba que non se podía iniciar a execución da estación lucense porque aínda non se formalizara a chegada do AVE a Ourense
Considera que as declaracións de Barreiro son un insulto á intelixencia, pois as obras ferroviarias non só se realizan de xeito simultáneo en diferentes treitos, senón que os técnicos desaconsellan que se fagan por separado, xa que se non está construída a infraestrutura lucense malamente se pode conectar a cidade de Ourense coa de Lugo, o que provocará, engade, que o AVE non chegue á nosa cidade ata 2025
Anuncia que a vindeira semana se iniciarán os contactos coas distintas institucións lucenses para emprender un frente institucional e social para esixir o tren de Alta Capacidade, de xeito que esta provincia non sexa a única da Comunidade que quede sen este servizo.
A iniciativa presentada polo socialista súmase á Proposición non de Lei e ás preguntas formuladas no Parlamento de Galicia polo líder dos socialistas lucenses Juan Carlos González Santín- e á declaración institucional aprobada este martes pola Deputación de Lugo, que preside o dirixente do PSOE galego José Ramón Gómez Besteiro-
O senador por Lugo Ricardo Varela- anuncia que vén de presentar no Senado unha moción, que será debatida na vindeira Comisión de Fomento, e na que o Partido Socialista esixe ó departamento estatal a recuperación inmediata do proxecto de construción da Intermodal para que Lugo non desapareza do mapa ferroviario de Alta Velocidade.
Neste senso, Varela cualifica de ridícula a desculpa e excusa posta por José Manuel Barreiro para xustificar a suspensión do contrato por parte do Ministerio, e na que o senador do Partido Popular indicaba que non se podía iniciar a execución da estación lucense porque aínda non se formalizara a chegada do AVE a Ourense. Deste xeito, considera que as declaracións de Barreiro son un insulto á intelixencia, pois as obras ferroviarias non só se realizan de xeito simultáneo en diferentes treitos, senón que os técnicos desaconsellan que se fagan por separado, xa que se non está construída a infraestrutura lucense malamente se pode conectar Ourense con Lugo, o que provocará, engade, que o AVE non chegue á nosa cidade a 2025.
Asi mesmo, anuncia que a vindeira semana se iniciarán os contactos coas distintas institucións lucenses para emprender un frente institucional e social, e esixir que o tren de Alta Capacidade chegue a Lugo, de xeito que esta provincia non sexa a única da Comunidade que quede sen este servizo.
Deste xeito, a iniciativa presentada polo socialista súmase á Proposición non de Lei e ás preguntas formuladas no Parlamento de Galicia polo líder dos socialistas lucenses Juan Carlos González Santín- e á declaración institucional aprobada este martes pola Deputación de Lugo, que preside o dirixente do PSOE galego José Ramón Gómez Besteiro-.
Cronoloxía dos feitos
O pasado venres o deputado no Congreso José Blanco- e o senador por Lugo Ricardo Varela- demostraron, con documentos oficiais, a decisión unilateral do Goberno Central que anula o contrato da Estación Intermodal, que deixara encamiñado o ex Ministro de Fomento antes de producirse o cambio de goberno. Concretamente, antes desta data, o departamento estatal adxudicou o proxecto por valor de 630.000 euros de investimento. Este proceso de redacción tiña un prazo de execución de 27 de meses, de xeito que xa debería estar rematado o 8 de setembro de 2013.
Tendo en conta que se trataba dunha iniciativa estratéxica para a cidade e a provincia, e vendo que o Ministerio non avanzaba no proxecto, Ricardo Varela realizou un exhaustivo seguemento desta infraestrutura. Precisamente, no mes de decembro, esixiu ó Goberno Central a presentación de forma inmediata do proxecto para a construción da Estación Intermodal, así como a fixar prazos de execución e data de remate da obra para a súa posta en servizo.
Asimesmo, e como non foi capaz de obter a información, solicitou no Senado, a través do artigo 31 do Regulamento, o conxunto de informes para ter acceso ao expediente. Entre os documentos, con sorpresa, atoparou que, en xullo de 2012, se produce unha ampliación no prazo de execución e que, en outubro dese mesmo ano, o Goberno asinaba con Adif a suspensión do contrato; decisión, esta última, que non foi comunicada ao Concello de Lugo ni ao senador socialista no debate da moción presentada na Cámara Alta.
Dada a ocultación e o engano, realizado a sabendas, polo departamento que dirixe Ana Pastor, Ricardo Varela volverá a levar este asunto ó Senado, co fin de que Fomento cumpra o compromiso adquirido en Lugo en 2010, data na que Ministerio, Concello e Xunta de Galicia asinaron o protocolo de actuación.