Na Comisión de Contas quedou claro que Jaime Castiñeira volveu a mentir descaradamente co importe das facturas pendentes
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, denunciou que as subvencións procedentes de administracións gobernadas polo PP estiveron moi lonxe das de anos nos que non gobernaba o PP, senón un partido menos sectario.
Por este motivo, explicou Sonia Méndez, a brutal diminución de subvencións da Xunta e o Estado ao Concello de Lugo é a causa de que non se puideran executar o ano pasado investimentos previstos polo Concello en proxectos como accesibilidade ou a construcción de naves no Ceao, xa que o financiamento municipal estaba condicionado ás achegas desas administracións. Datos que ofreceu na Comisión de Contas.
Así, no 2011 as transferencias ingresadas polo Estado ao Concello de Lugo ascenderon a 4.500.000 euros e no ano 2013 reducíronse a 1.200.000 euros. No caso da Xunta, no ano 2009, último exercizo de Goberno de Touriño, as transferencias ao Concello de Lugo foron de 1.800.000 euros; no ano 2011, xa con Feijóo na presidencia, baixaron a 605.000 euros e en 2013 aínda se reduciron máis para quedar en 374.000 euros.
Sonia Méndez atribuíu este brutal descenso nas aportacións da Xunta e o Estado á falta de compromiso do Partido Popular con Lugo. De feito, estas cifras non resisten comparación coas achegas que aportaban outras administracións, xa que a Unión Europea aportoulle ao Concello de Lugo 1.700.00 euros para investimentos en 2013 e a Deputación Provincial, 977.000 euros, o triple que a Xunta.
Por outro lado, tamén mostrou a súa preocupación pola maneira de mentir descaradamente de Jaime Castiñeira, xa que quedou claro que, a 31 de decembro, o Concello tiña pendentes de pagar 2,7 millóns de euros correspondentes a 438 facturas. Esta é a cifra real e non os 13 millóns de euros que difundiu o martes Jaime Castiñeira, cando lle volveu a mentir descaradamente á cidadanía. Por este motivo, a Concelleira de Economía considera que “nunca poderá ser Alcalde de Lugo unha persoa tan imprudente e irresponsable”.