Trátase dunha completa e especializada maquinaria que incorpora tecnoloxía punteira para labores específicos e que funciona con fontes de enerxía alternativas.

“A nosa aposta pola redución de emisións, a redución da contaminación acústica e a vangarda tecnolóxica tradúcese nun incremento da calidade de vida da veciñanza e nunha optimización do funcionamieto do servizo”,sinalou a alcadesa.

“Ademais dos beneficios ambientais e a maior eficiencia na execución do traballo, lógrase un substancial aforro económico ao reducir os custos de mantemento”, explicou Miguel Fernández.

A alcaldesa de Lugo, Puala Alvarellos, acompañada polo edil de Trasición Ecolóxica, Miguel Fernández, e os responsables da concesionaria Ecolugo, a empresa responsable do servizo de recollida de lixo e limpeza viaira, presentaron esta mañá parte da nova frota de vehículos que se utiliza para levar a cabo estes traballos na cidade. Trátase dunha completa e especializada maquinaria que incorpora tecnoloxía punteira para labores específicos e que funciona principalmente con fontes de enerxía alternativas. “A nosa aposta pola redución de emisións, a redución da contaminación acústica e a vangarda tecnolóxica tradúcese nun incremento da calidade de vida da veciñanza e nunha optimización do funcionamieto do servizo, o que nos permite ter unha cidade máis limpa e realizar este labor en menos tempo”, sinalou a rexedora.

Unha das principais vantaxes dos vehículos eléctircos fronte aos vehículos de combustión é que estes teñen cero emisións de residuos contaminantes e de gases de efecto invernadoiro, algo que incide de maneira moi positiva no medio ambiente. “Asi mesmo axudan a reducir a contaminación acústica da nosa cidade, xa que o seu desprazamento é suave e silencioso, en parte porque non hai pezas móbiles no motor e non ten sistema de escape. Esto evita molestias a cidadanía. Ademais, os custos de mantemento son menores xa que os cambios de aceite realízanse con menor frecuencia. Así mesmo, o vehículo eléctrico devólvelle enerxía ao sistema, de maneira que esta enerxía utilízase para cargar as baterías”, explicou o concelleiro de Trasición Ecolóxica.

Pola súa banda, os vehículos equipados con motor  de GNC é moito máis duradeiro que un motor de combustible, xa que o seu funcionamento non necesita tantas revolucións, ademais de que xeran menos vibracións acústicas e menos residuos. “Ao ter un menor consumo de combustible provoca que teñamos un menor consumo enerxético. Os vehículos a GNC emiten menos gases contaminantes a través do escape, co que o vehículo sofre unha menor deterioración. Como consecuencia disto, o mantemento do vehículo é máis barato”, destacou Fernández.

Nos últimos meses sumáronse a esta maquinaria de traballo doce triciclos eléctricos eTRIKE BKL, oito Furgonetas Toyota Proace Active 100% eléctricas, Tres Furgóns Renault Master e-tech 100% eléctricos, un vehículo híbrido destinado a tarefas de supervisión e organización do servizo, un camión con gancho e sistema ampli-roll a GNC, dous camións de caixa aberta con guindastre e un deles con basculante, tres camións recolectores compactadores de carga traseira un de 16 m3 de capacidade, outro de 12 m3 e outro de 8 metros cúbicos, tres furgóns eléctricos Renault Master e-tech, todos eles vinculados ao servizo de recollida de lixo.

Ademais o servizo conta cun camión lixeiro Punto Limpo Móbil, nove camións recolectores compactadores de CL a gas, cinco de 25 metros cúbicos de capacidade e 4 de 15 m3 , dous camións recolectores de carga traseira tipo satélite de 7  metros cúblicos de capacidade, seis varredoras de beirarrúas 100%, eléctricas dúas lava beirarrúas propulsadas totalmente con enerxía eléctricas, tres varredoras de calzadas alimentados con GNC e dous tractores con brazo desbrozador.

Así mesmo, o traballo da limpeza de rúas asístese con tres  cisternas de rega e baldeo, un semirremolque con equipo de alta presión con auga quente, Tres vehículos eléctricos para servizos Goupil G4, un Punto Limpo Móbil Urbaclic SPLM, 4 cabezas tractoras eléctricas de semirremolques, outros tantos semirremolques para illa de contedores aberta e unha unha máquina VaporJet Eco 2, trátase dun equipo de alta presión con sistema de auga en estado vapor, completamente equipada con bombas, mangueiras, pratos de limpeza e outros, cuxos usos principais son a limpeza das manchas máis difíciles de limpar como son grafitis, chicle, pintadas e outros.