De confirmarse as informacións publicadas estes días, o Goberno de Rajoy, a través do entón Ministro Montoro, sabía previamente cando se ían levar a cabo rexistros contra a Deputación e o Concello de Lugo, ambas institucións, gobernadas nese momento polo PDSdG.

De ser así, trataríase dunha demostración máis dos métodos que o Partido Popular utiliza para alcanzar o poder, onde non dubida en enturbar, mentir e desprestixiar recorrendo para iso a información privilexiada se é necesario.

Os socialistas de Lugo consideramos que a constatación deste feito supoñería un duro golpe para a nosa saúde democrática, un ben común que levamos defendendo desde a nosa fundacion. É necesario que a dereita deixe de enfangar a vida pública e xerar unha crispación social baseada en calumnias que non conduce a nada. As consecuencias para as persoas afectadas por esta trama foron de extrema dureza. Como sociedade debemos rexeitar estes comportamentos que agora saen á luz, rachar con eles e apostar por unha auténtica rexeneración democrática.