Con este encontro o Alcalde continúa coa campaña “O PSOE de Lugo en pé de rúa” e mantén reunións cos veciños e veciñas da cidade e do rural

O Alcalde, José López Orozco, acompañado por concelleiros do Grupo Municipal Socialista e membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo, mantivo un encontro cos veciños e veciñas da zona rural no Centro de Dinamización Social de San Xoán do Campo. O obxectivo desta xuntanza era escoitar as propostas da cidadanía para seguir mellorando o municipio.

Con este encontro López Orozco continúa coa campaña “O PSOE de Lugo en pé de rúa”, que consiste na posta en marcha das reunións con veciños e veciñas dos barrios da cidade e da parroquias da zona rural para coñecer as súas propostas e incluílas no programa electoral das municipais do 24 de maio.

Esta campaña enmárcase no Proxecto de municipio, co fin de dar unha resposta axeitada e eficaz á sociedade lucense, deseñando unha estratexia de futuro que permita facer fronte aos desafíos actuais e consolidar un modelo de cidade integral, a través da participación cidadá.

Con estas reunións preténdese dar cobertura tanto ao medio urbano como ao rural porque o PSdeG-PSOE de Lugo é consciente de que esta é a realidade do noso municipio.